O levantador de minas
9.5.06
  Mudam os tempos não mudam as vontades O levantador de minas muda de local para Blogaliza, como apoio aos soportes galegos. E tamén polo servizo, que parece de primeira. Vémonos aí ao lado. 
5.5.06
  Gabriel Nascente, poeta brasileiro

O Gabriel Nascente é sem dúvida um homem generoso. Certo dia recebi um pacote com um livro dele e uma carta em que dizia que um amigo seu lhe tinha falado de mim, poeta galego, e que gostava assim de estabelecer contacto comigo. Assim, apresentando-se presenteando. Fiquei agradecido e contente, a imediatamente lhe enviei o livro colectivo de poetas corunheses de que dispunha naquele momento.
Então mais: recebi mais livros, e um trecho de cultural de jornal em que louvava os poemas do nosso grupo poético publicamente. Na Goiânia, um lugar que teve de procurar no mapa pela minha grande ignorância, e que já nunca mais esquecerei.
Reparem: há gente no interior do Brasil, esse continente, que conhece e fala dum pequeno grupo de poetas da Corunha. Se o afã de comunicação não tem limites, evidentemente os corações verdadeiramente abertos à arte, e à vida portanto, já nem concebem o próprio conceito de limite.
Há algum tempo já que este amigo me enviou estes poemas sobre o conflito do Iraque. Hoje ainda, infelizmente, não deixam de ser plenamente actuais.

A CANÇÃO DO VISIONÁRIO
(A propósito da guerra do Iraque)

Quando os homens acionarem a
ignição de suas máquinas de guerra,
guardarei unha semente de trigo
na cabeceira dos brejos – (lá onde
a terra se mistura com o soluço das águas).

E levarei hosanas
aos presidiários.

Os meninos pressentirão nos dedos
a pólvora
das explosões sanguinárias.

A poeira do estupor
correrá o mundo.

A luz lamberá a chusma das feridas.

E enormes cogumelos de nuvens atômicas
assustarão as janelas (num espectáculo
de aviltar a frieza dos mármores).

E imperceptivelmente um tordo, triste,
cantará sobre os escombros.

A água ficará enferma
em suas nascentes.

E será moda lambuzar os nossos pratos
com molho de vísceras cadavéricas.

E as ovelhas, meu Deus, as ovelhas...
do árido território dos desertos,
para onde vão buscar abrigo,
entre os vales de pedras,
há milênios?

As hortaliças. O pão.
Mãos à obra de quem?

Nem os rios terão tempo de prantear
a caveira de suas faunas.

Choraremos a solidão dos nossos ossos.

Gabriel Nascente
(Sala Albert Camus, Goiânia, 16 de Fevereiro de 2003)

UMA PROFECIA DE MAL GOSTO
(A propósito da guerra do Iraque)

I
Tempos ruins virão (abrindo
crateras no rosto dos homens).

As ovelhas e os meninos
na mira dos aviões,
(despejando bombas do ventre
atroz de suas missões).

O sol lá dos insípidos desertos...
que dó: O Eufrates.

Minas de larvas brotarão
da raiz dos nossos olhos.

Não haverá tempo para
o último uivo do lobo.

Ó raça de povos erradios, com
sangue de camelo nas veias:
Orientais fanáticos, bebei
postos de petróleo:

II
Tempos ruins virão (abrindo
crateras nos abismos do céu).

Loucos e histéricos, os homens
já se estraçalham uns aos outros,
feito ventanía de moscas, na carniça.

Os homens e seus trágicos
instrumentos de cortes e fogo.
(Espalhando cadáveres pelas
cidades e pelos campos).

III
E eu já ouço,
daqui dos subúrbios desta América,
o grito de pavor das crianças
buscando abrigo no colo das mães.

Viver é uma dor.
Guitarras vão às ruas
pedir paz.

O mundo é um tambor
de povos
na mira dos massacres.

Tempos ruins virão.

(Tomara que isto seja apenas
uma película de cow-boy americano).
 
26.3.06
  Manuel Antonio e o anarquismo


En 1997 saíu no número 17 da revista Ólisbos un artigo titulado Manuel Antonio e a “suprema lei da estética”, da miña autoría, baixo o nome errado de Manuel Ferreiro Salgueiro. O pequeno traballo respondía ao interese por reivindicar a evidente ideoloxía anarquista de Manuel Antonio, tantas veces referida como un verniz rebelde do autor a tempo que asolagada polas referencias a un seu nacionalismo. Na altura, e desde o ámbito de traballo do Ateneu Libertario Ricardo Mella da Coruña, tentamos por de relevo até que punto o anarquismo foi para este autor o seu motor ideolóxico principal, e de que modo puido influír no seu sentimento nacionalista, ampliándoo dun xeito verdadeiramente orixinal.

Manuel Antonio e “suprema lei da estética”

Relativamente ás persoas que se preocupan do seu destino, pódense clasificar en dous tipos principais: aquelas que reflicten sobre o que queren ser e aquelas que se preguntan o que son. As primeiras pretenden decidir. As segundas desexan descubrirse. A atitude primeira é de goberno da vida. A segunda de coñecemento, e conducente á propia construción. Entre os últimos, Manuel Antonio.
Cando Manuel Antonio comeza a manifestar o seu compromiso político a ideoloxía anarquista podía respirarse na Galiza como esas bacterias flutuantes do ar de todos os días. As asembleas da Confederación Rexional Galaica podían representar decenas de millares de afiliados. As publicacións periódicas nacían como cogumelos e enmudecían ou morrían como bolboretas, encanto se decidían greves coa cabeza e o corazón que a fame cobraba no estómago e as forzas represivas estatais no corpo, na liberdade e na vida dos sindicalistas e as súas familias. Ser operario e querer sumarse á loita pola dignidade da vida significaba, entre outras cousas, estar sindicalizado na C.N.T., na U.G.T. ou en asociacións agrarias.
Canto á burguesía, esa clase que tendo aceso a estudos medios e superiores pode viaxar e dedicarse ás tertulias de café, existe unha preocupada apenas pola perpetuación da “orde social” e outra, con certa tradición mais en mudanza ideolóxica, preocupada pola defensa organizada da identidade cultural galega. Os segundos son os nacionalistas, que partindo da diferenciación cultural do país non deixarán de anunciar, nos primeiros tempos, unha necesaria autonomía política aparentemente só interesada nunha confederación ibérica de pobos libres, mais nos anos seguintes claramente a favor tan só dun Estado democrático que garantise a consecución dunha autonomía nacional galega. Seu fin último era unha Galiza libertada de goberno foráneo.
Para os anarquistas as prioridades da loita estaban situadas no día a día, nas decisións asemblearias por necesidade apresadas e referidas sempre ao teito e ao pan dos traballadores. Neste sentido, o fin era a revolución social, vinculada á repartición da riqueza e á autoxestión.
Entre estes dous tipos sociopolíticos, que opoño de forma operativa, existía, como é fácil supor, unha grande variedade de subtipos que propiciaron en ocasións certa permeabilidade de ideais e portanto a intercolaboración desde os respectivos proxectos: á par de anarquistas rexos existían anarcosindicalistas moderados, á par de nacionalistas conservadores tamén existía unha burguesía nacionalista progresista...
Aínda que os quiñentos afiliados das Irmandades da fala e os vintecinco mil da Confederación Rexional Galaica da C.N.T. en 1922 non sexan representativos de todas as posicións ideolóxicas do país, resulta fundamental coñecermos estes referentes para radicarmos a ideoloxía política de Manuel Antonio. Neste sentido, na única afirmación do poeta que se conserva referida na súa correspondencia a unha ideal organización socioeconómica da Galiza, di:

“Cada volta vexo-me máis afincado n-as miñas ideas sindicalistas: suprimindo o Estado, outra d’as ventaxas que s’arrecadan é a de suprimir a política; e a política, vou vendo que é a nosa gran doenza racial, a que máis axiña compre aniquilar. Hai que atopar a maneira de que o galeguiño non poida ter un mandiño, e a mellor maneira consiste en suprimir o mandiño: o Estado con todal-as suas orgaizacións. Aconsello-che seriamentes que te impoñas o traballo, por unha ves n-a tua vida, d’estudar o anarquismo, e sobre todo a súa forma máis práitica que é o sindicalismo. Aseguro-che que si a sua verdade non chegase a convencer-che, convencerían-che as innumerables ventaxas que traguería no caso d’a Nosa Terra, pola índole d’o noso caraute racial.”

Esta clara referencia con frecuencia se tratou de sepultar, con moita letra impresa, baixo o compromiso “nacionalista” tantas veces expreso polo propio Manuel Antonio na súa correspondencia. Mais, que cousa é o nacionalismo para el? Apenas, tal vez, a rebeldía perante a agresión cultural que a Galiza está a sofrer, como o era para moitos nacionalistas? Adere o nacionalismo na defensa da identidade cultural do país, mais na súa praxe política o seu espírito libertario non se reduce a unha perspectiva edificada nas necesidades espirituais da nación, aínda, en parte, por reconstruír. O seu “nacionalismo” implica unha preocupación pola libertación total dos galegos e non é un concepto facilmente aplicable aos nacionalistas da época, senón mais ben unha perspectiva anarquista rara na Galiza que, entre 1920 e 1930, incluía máis na súa loita do que unha mudanza socioeconómica: a libertación do país tamén no plano identitario-cultural. A súa ideoloxía, perante o modo de actuar do groso dos nacionalistas, haberá de o situar en territorio á parte. Os nacionalistas estaban, podemos dicir desta perspectiva manuelantoniana, pouco comprometidos co que el denominaba unha “loita xeneral galeguista”:

“Eu considero-me fora d’a Yrmandade, porque resulta estreita de máis prá cantidade e intensidade de Nazoalismo que eu sinto”.

Canto á súa posición como artista, son habituais as interpretacións críticas que entenden a súa rebeldía como influencia exclusiva das manifestacións e atitudes de outros vangardistas da época. Así as cousas, súa atitude como creador nunca foi interpretada como unha perspectiva coherente coa ideoloxía anarquista. Neste sentido, na súa perspectiva creadora non escasean conceitos por el defendidos que non teñen lugar no marco teórico-práctico dos nacionalistas. Frente ao culturalismo nacionalista, preocupado por recuperar as raíces aínda vivas das tradicións autenticamente galegas, opón Manuel Antonio de modo irreverente unha negación “da Lei e da Costume” conducente a un individualismo levado até ao extremo, en que fai da “independenza un sagro fanatismo”, escribindo “somentes pra si” a “súa expontánea expresión” aínda a risco de non ser comprendido: “consagramos a individualidade até o extremo de desexar que a definición de cada un de nós sexa unha verba: o seu propio nome.”
Frente á sacralización das investigacións sobre as raíces da nación galega, creadora dun “Altar de Mitos e fracasos”, escolle el denunciar a “acefalia que supón o desexo de definir co pasado a hora de hoxe”, xa que

“a nosa roita, nos primeiros pasos, quer tan só coñecer por onde non debemos ir: todolos outros camiños poden ser nosos.
A Novedade que enxerguemos é tan só u arredamento, un ceibamento do pasado sin a definición da súa resultanza: isto é artitrairamentes persoal.”

Neste punto, a falta de programa de que tradicionalmente os anarquistas teñen sido acusados polos movementos comunistas teñen un paralelo na perspectiva manuelantoniana da creación: para chegar á revulución estética é preciso abandonarse na “anárquica dileición individual”. Para el como para os anarquistas, ter un programa previo á acción revolucionaria constitúe unha tentativa de dirixismo inaceptábel.
Ao mesmo tempo, a súa actitude xa comentada en contra da acción política e institucional en xeral tamén ten correlación na súa intervención artística cando rexeita os “mestres” e os “seus consellos”. Así, frente á caracterización burguesa dos nacionalistas, feita por Risco, de “élites de escolleitos con voto de valor excepcional frente ó voto dunha masa calquera”, Manuel Antonio afirmará o seu antiburguesismo.
Definir, portanto, Manuel Antonio como “un nacionalista”, sen máis explicacións, é tarefa obscura e intereseira. Contra quen dirixía, entón, estas palabras?:

“Porque é pretender andar cos pés atados e tratar de libertarnos dos trabamentos esternos sin facer denantes o mesmo coa podredume interior”; “é vergoñoso falar da escravitude da Terra, mentras non se teña feito todo o que compre por anulala.”

Con toda probabilidade a certos representantes nomeados do nacionalismo, movemento en que, ao mesmo tempo, se sente incluído por debido ao seu compromiso coa liberdade da nación. Mais é só nesta revolta, radicada no plano cultural, que Manuel Antonio, nos anos vinte do século XX, está próximo do proxecto nacionalista.
A súa vida sitúao antes como pequeno burgués –lembremos que entre os afiliados aos sindicatos era difícil atopar xente con estudos medios e superiores– facto que lle permitiu relacionarse cos nacionalistas e ser permeábel a parte das súas reivindicacións. A súa inclinación para a teoría anarquista –coñecida tal vez no ambiente mariñeiro– fornécelle unha perspectiva asumíbel para a súa vida que, por outra parte, non pode evitar comunicar coa visión artística. Neste sentido, no que respecta da arte ao servizo da causa política, nin dubida:

“Encol disto, pensa que someter o arte á necesidades da vida en troques de someter a vida ás necesidades do arte, é a forma máis engullosa de filisteismo.”
Manuel Antonio, como el propio demostra, defende até tal punto o pobo galego que o desexa liberto tamén dos seus gobernantes. Como anarquista, non pode imaxinar unha sociedade libre en que parte dos seus individuos aínda sexan escravos.
 
22.3.06
  Breve antoloxía da poesía galega de 90: Pedro Casteleiro (VI)
PEDRO CASTELEIRO. Coruña, 1968.

Inmediatamente se nos mostra o carácter visionario destes poemas, perceptivo se se quixer, como primeira fase que visa desembocar nunha vontade gnóstica. Partindo dunha grande atención aos sucesos do mundo, ao decorrer da vida, téntase unha manobra posterior de interpretación. Procúrase, a partir da experiencia sentimental, a hermenéutica da existencia. Sen embargo, o resultado desta busca de sentido só pode ficar plasmado poeticamente, do mesmo modo que os grandes misterios só poden ser expresados através do paradoxo.
O ritmo dos versos compatibilízase habilmente coa inserción das imaxes poéticas, ora rematado na liña ora mostrando un uso eficaz do encabalgamento. Canto ao imaxinario, preséntase unha metafísica do amor e da existencia, con certeza complementares, en que as realidades se atravesan de modo a conformar a malla do que existe. A postura que o poeta propón é clara: debemos procurar o noso lugar, descubrir o noso destino, xa que a «nossa vida se consume e nos exige a suprema atenção e a intenção suprema».


Do libro colectivo Sete poetas

p. 31
Voar contigo coroada de blasfémia
sob a Lua pálida dos dias de metal

Babilónia, amarás as tragédias que te medren
na pele. Um odor que golpeia deterá tua mão

Mais do que o céu cobriço meu fastio cresce
face as regiões onduladas além das impotências

Humana é a dor e o cravo que ma causa
e eu sou um anjo que se esmigalha

Uno que há-de reinar na múltipla condena
irremissivelmente cair sobre mim mesmo dentro

Assentado na espiral que me povoa

p. 32
Escuita o sotaque do tempo,
o tempo
é estrangeiro.
O boato dos corpos que
ultrapassa,
a pele do tempo

O tempo não tem carne nem
o tempo tem ossos, apenas o tempo tem a pele
em que envolve o silêncio
gris
dos dedos que trespassa.
O tempo é estrangeiro.
É o estrangeiro que me habita.

Entra por mim dentro
e me reduz
ao minuto em que me escrevo
Me conduz
me confronta de noite com a estrada e a chuva
Me retorce as mãos com a fúria do silêncio
Perpassa-me o corpo e me procura.


De O círculo escarlate

p. 6
Os meninos riem na rua dos sonhos
sou eu quem tem a bandeira
em que estão pintados seus risos.
Há unha música de marés e prantos
mas unha música alegre. Vem com comidas
de gordas mulheres negras, mulheres apartadas
ardendo.

p. 21
Surgem as cousas de haver tanto silêncio.

Para escrever este poema tivem que abrir
as portas mágicas do álcool corporal,
entrárom os dias à maneira de música.

Eu não sei quem sou por isso bebo.
A fúria polos caminhos da espada e o Sol.
A noite aberta livre liberta
sob tantas bocas murchas sob
as igrejas da gorja.

p. 23
Decorrer as horas pola forma
especial de cada corpo. Atravessar
um oceano de dias numa barca
saudosa. Onde o amor, onde a aventura
impossível do naufrágio?

Lá onde a beleza infinita do suicídio
declina polas ladeiras
da alma.

p. 27
Houvo um tempo em que podíamos obter
a criatividade usando um saca-rolhas.
Era o tempo em que guardávamos os rebanhos.
E agora eu sozinho talvez
sem povo
enfrento a tarefa de começar
de novo a existir.
Persistir, ao longo dunha certa tristeza
que há muito tempo venho ignorando: unha tristeza
que não emana de mim mas que me banha.

Não permaneçamos mais tempo dentro dos círculos
porque são o território em que morremos
definitivamente. Cruzemos os campos
atestados de flores, concederemos as licenças
de entrar em qualquer vício
e abandoná-lo logo, á medida em que a
nossa vida se consume
e nos exige a suprema atenção
e a intenção suprema.

Penetremos onde as pirâmides invertidas, provemos
o sabor do lume nos ásperos lábios, cantemos
com um suave licor deslizando-nos das bocas. As horas
são próximas, a grande ama escura se impacienta,
é o momento de comer escaravelhos
e esmeraldas. Subir ao monte Tabor
e aguardar o dilúvio. Consumir-se
negramente, entre o verdume das águas
e as árvores dispersas.
 
  Breve antoloxía da poesía galega de 90: José António Lozano (V)
JOSÉ ANTONIO LOZANO. Coruña, 1967.

A leitura dos seus textos supón a entrada nun mundo de sensacións e, en grande medida, de suxestións. Mergullados nun contexto de carácter onírico que semella ser presentado como o verdadeiramente relevante, os poemas parecen exercicios conducentes ao coñecemento profundo do individuo através dunha maior abertura dos sentidos. Así, os poemas en ocasións semellan receitas para atinxir unha visión máis ampla, para mellor entrar na esencia das cousas. E o conxunto parece destilar case unha programática vital tan intensa, que só pode ser transmitida en chave poética.
Na forma, destaca a técnica do pintor expresionista, con versos construídos a pincelada marcada e curta. No imaxinario, bloques conceptuais do negativo (amargo, negro, noite, sombra...) son confrontados con bloques positivos (farol, luz, calor, fósforo...), encanto certas imaxes parecen ser unha declarada proposta de interpretación intuitiva (penas coloridas, rosa, lenha verde...). No final, fican establecidos, através do pensamento poético, unha sorte de vasos comunicantes entre o mundano e o transcendente, no marco dunha intuída sabedoría antiga.


De Nocturnos indígenas, no libro colectivo Sete poetas

p. 53
Ritual

Persegue a luz eléctrica
lá dentro do café
onde as vellas madeiras fingem o cansaço
alça os lábios
como uma fonte
como um livro antiquíssimo
a seduzir o tempo
procura no mármore o café
e pousa o teu olhar no gato
que pensa o que tu pensas
e agora bebe esse café
e fecha os olhos.

p. 54
Ensonho

Entra no cântico onde as mulheres dormem
na vasilha intensa ao redor da casa
na música
Não temas as madeiras, ébrias na voz
sob os frágeis dedos
onde a amarga sombra descansa
extensa no calor das formas

-Mulheres dormem
deitadas
à cor da planície.

p. 56
Iniciação

A espada no fio da noite
é unha estranha melancolia
de lenha verde

a voz se apaga por momentos
no farol dos teus olhos
entre barcas lentas

a espada no fio da noite
é unha velha amiga
de mares vazios

o sal dos espelhos tão verdes
reclina aos ossos da noite
o teu corpo morto.

p. 58
Conselho antigo

Caminhas dormida,
filha,
rumo á Casa das Danças
acordarás entre cores de quetzal
e ouvirás a serpente mágica
Não chores, minha filha
quando estejas no mundo
quando de regresso
na Casa das Sombras
o amargo vinho dos homens
te quebrante o coração

-Pequena vaga-lume
oculta no fósforo
do amor.

p. 59
Poema

Somos as raparigas pintadas
os óleos amargos
entregues ao coração

Vestidas de penas de quetzal
o nosso amor se quebra
no anelo da rosa:
adormecemos na Casa do Mistério

Cheias de pinturas
nos inclinamos à dança.

-Somos as raparigas do pintor amargo.

p. 61
Poema

Ao caminhar descalça pelas aguarelas
um porto perdido espreita
os pequenos fósforos
pelas aguarelas
e um olhar de criança
é o que me faz pintora
perdida entre os malecões
entre um cais de prata
a pintar
de negro e de negro
o vazio dos barcos
ardendo nos fósforos
pelas aguarelas.
 
A poesía, as súas irmás e as súas raíces. Outros sentidos.

Recentes

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters